Deportes Vigo al minuto

Oito anos despois do inicio da reforma de Balaídos, as obras están sen rematar

O orzamento pasou de 25 a 50 millóns de euros, sen a grada de Gol

Balaídos: o BNG pide a Caballero e Tapias que "deixen de actuar como Pimpinela"

E o orzamento pasou de 25 a 50 millóns de euros, sen a grada de Gol

O Bloque Nacionalista Galego pedirá a comparecencia do alcalde para que explique, no Pleno do Concello a “chapuzada” da reforma de Balaídos.

A mesma anunciouse en 2014- hai preto dunha década- e os traballos comezaron en 2015, co prazo de que estiveran rematadas no verán de 2017. “Estamos en 2023 e as obras están moi lonxe de acabar”, sinala o voceiro do BNG e candidato á Alcaldía.

“Caballero prometeu o Guggenhein do fútbol e imos camiño dunha mala copia da Sagrada Familia”

Ademáis, apunta Xabier P. Igrexas. o orzamento adicado a esta reforma, coa que “Caballero prometeu o Guggenhein do fútbol e en realidade imos camiño de ter unha mala copia da Sagrada Familia”, duplicouse, “pasando dos 25 millóns iniciais a máis de 50”. E isto sen contar coa grada de Gol, “da que non sabemos absolutamente nada e que non ten partida algunha no orzamento municipal”.

“Propaganda”

Para o BNG xa “abonda de propaganda e promesas” por parte de Abel Caballero que, asegura Igrexas, ten que afrontar a responsabilidade desta “improvisación total” . Por iso dende o Bloque esixen ao alcalde que dea explicacións aos cidadáns sobre unha das obras máis custosas da historia do Concello.

También te puede interesar