Vigo al minuto

O túnel de Elduayen só chegará ao Barrio do Cura conservando, tal cual, os restos da muralla

Patrimonio pide, tamén información sobre o Miradoiro do Paseo de Alfonso

O túnel de Elduayen só chegará ao Barrio do Cura conservando, tal cual, os restos da muralla

Patrimonio pide, tamén información sobre o Miradoiro do Paseo de Alfonso

O proxecto de prolongar o túnel de Elduayen ata o Barrio do Cura, non vai a ir á velocidade, nin seguir o trazado que agardaba Abel Caballero.

Así, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, vén de informar ao Concello de Vigo da necesidade de aportar máis documentación para poder informar sobre a solicitude do proxecto de prolongación do túnel desde o final da rúa Elduayen ata o Barrio do Cura.

Esta é a resposta ao documento achegado polo Concello sobre a ampliación do soterramento do tráfico, proxecto que ten relación con outros dous de execución no centro da cidade. Por unha banda, o soterramento rodado na Porta do Sol, coa construcción dun túnel urbano desde Policarpo Sanz; por outra, a futura reforma urbana do Barrio do Cura.

A antiga muralla

O informe de Patrimonio coincide coa versión do Concello, xa que a arqueóloga municipal expresa o carácter de Ben de Interese Cultural (BIC) dos restos da muralla entre a rúa Elduayen e o Paseo de Alfonso XII e a conveniencia da súa conservación in situ.

Compatibilizar a súa conservación co proxecto de prolongación do túnel

Todo débese a que “a entidade dos restos empeza a ser importante”. Por iso, sería necesario “empezar a formular posibles alternativas para compatibilizar a súa conservación coa prolongación do túnel”.

Miradoiro do Paseo de Alfonso

Ademáis, a Direccion Xeral pide xustificacións sobre a adecuación das modificacións no eixe viario Porta do Sol-Elduayen-Paseo Alfonso XII ás actuacións contempladas na ficha do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Vello (Pepri). Nesa liña, indica que que “se deberá detallar e xustificar” a intervención que modifica a o Miradoiro e suprime parte da rúa Poboadores.

Kiosko

Por último, tamén se indica que o Kiosco ten un nivel de protección ambiental que non contempla o desprazamento. Por iso, “calquera xustificación baseada na recuperación do ben na súa ubicación orixinal deberase apoiar na documentación histórica que a corrobo”. Así, a mesma, debe explicar as características construtivas, as posibilidades da súa desmontaxe e posterior montaxe sen afectar as distintas partes que o conforman”.

También te puede interesar