Destacados Vigo al minuto

20 novos contratos indefinidos en Vitrasa, tras denuncias de exceso de xornada

A CIG cifra o mesmo en 50.000 horas

20 novos contratos indefinidos en Vitrasa, tras denuncias de exceso de xornada

A CIG cifra o mesmo en 50.000 horas

A sección sindical da CIG en Vitrasa “logrou” que a empresa “teña que facer 20 novos contratos indefinidos”, tras denunciar diante da Inspección de Traballo o exceso de xornada. Neste sentido, a central sindical cifra nunhas 50.000 horas as que o persoal fai a maiores ao ano, sumando horas extraordinarias e descansos traballados.

Denuncia

Deste xeito, a representación da CIG presentara en novembro do ano pasado unha denuncia na Inspección ante o “elevado exceso de xornada que se rexistra ao longo do ano, o que lle permite a Vitrasa cubrir os servizos sen contratar o persoal necesario“. Agora, a autoridade laboral vén de emitir unha resolución na que lle require á compañía de transportes que non exceda o límite legal de exceso de xornada. “Debendo contratar a novo persoal, no seu caso, coa finalidade de evitar estes excesos”, tal e como figura na propia comunicación da Inspección de Traballo.

20 novos condutores e condutoras

Deste xeito, Vitrasa xa confirmou que procederá a contratar de xeito indefinido a 20 novos condutores en cumprimento da resolución. Dende a sección sindical da CIG na empresa amosan a súa satisfacción polo requirimento. Ademais, trasladan a súa “felicidade” polo feito que “20 novas familias vaian ter un emprego para poder gañarse a vida

También te puede interesar