A metade de todos os accidentes produciuse na provincia de Pontevedra
O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana 51 persoas debido a 36 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 17, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 19 de marzo.
Neste tempo, a Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 49 chamadas en relación cos accidentes e os recursos mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas foron 53.
Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 11 accidentes; o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 38 sinistros e os equipos de Atención Primaria, prestaron asistencia en tres accidentes.
En 39 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 12 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.