Galicia Vigo al minuto

O Concello de Tui contrata a un avogado para asesorar aos afectados polos incendios

Disporá vehículos de aluguer para os que o precisen

O Concello de Tui contrata a un avogado para asesorar aos afectadas polos incendios

Disporá vehículos de aluguer para os que precisen

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, xunto a membros do equipo de goberno e de todos os grupos da Corporación municipal reuniuse este luns con medio centenar de persoas afectadas polos incendios rexistrados en cinco puntos do conxunto histórico de Tui.

Vehículos retirados

O rexedor tudense explicou coma onte á tarde comezaron a ser retirados os primeiros vehículos que estaban completamente calcinados por parte dunha empresa de desguace contratada polo Concello. Sinalou que esta era unha prioridade ante o risco que presentaban os materiais calcinados. Hoxe mesmo unha empresa especializada encárgase de limpar toda a zona afectada.

Asesoría legal

Por outra parte para poder prestar aos afectados e afectadas o mellor asesoramento para poder reclamar ante as compañías aseguradoras o Concello de Tui contratou a un avogado que asesorará a todos os interesados nesta tramitación. Para iso será preciso que aporten a póliza do seu seguro así coma a documentación do vehículo sinistrado, que en moitos casos ardeu co coche, polo que deberán solicitar un duplicado.

Aluguer

Dende o Concello estase a xestionar cunha compañía de aluguer de coches a dispoñibilidade destes vehículos para os afectados que poidan precisar dunha solución de mobilidade de xeito inmediato. O Concello asumirá os custos do aluguer.

Axudas

Amais o persoal técnico municipal está a estudar xa as axudas que dende o Concello se poderían establecer para facer fronte á adquisición dun novo vehículo por parte daquelas persoas que perderon o seu coche nos sucesos acaecidos no conxunto histórico. Para iso será preciso redactar unha ordenanza municipal na que se establezan os criterios para a concesión das axudas.

También te puede interesar