Galicia Vigo al minuto

O día 31: folga de autobuses por estrada

En toda Galicia

A Xunta e 12 concellos da área de Vigo, prorrogan dous anos o Plan de Transporte Metropolitano

En toda Galicia

As asembleas de traballadores e traballadoras do transporte de viaxeiros/as por estrada realizadas nas catro provinciais aprobaron por unanimidade ir á folga o venres 31 de marzo en demanda do desbloqueo da negociación colectiva. Os catro convenios provinciais están paralizados e aínda que a mesa da Coruña, Ourense e Pontevedra mantén as reunións, nestas non se producen avances, mentres que a de Lugo nin sequera se reúne.

Concentracións

O día da folga, ademais dos habituais piquetes informativos, faranse concentracións nas estacións  de autobuses das sete cidades galegas ás 11:00h, agás en Pontevedra, onde será ás 18:00h.

Condicións laborais, salariais e sociais

Neste senso, os sindiatos denuncian que á “parálise dos convenios” e á “non actualización das condicións laborais, salariais e sociais do persoal”, hai que sumar os reiterados incumprimentos dos convenios colectivos por parte da patronal, que levaron a que hoxe o sector estea altamente precarizado.

Contratos de ‘media hora’

Aínda que neste sector a maioría dos cadros de persoal están formados por traballadores condutores, nos últimos anos o colectivo de acompañantes, maioritariamente integrado por mulleres, medrou de maneira considerábel. “Estas traballadoras padecen unhas condicións de precariedade absoluta, tendo que aturar contratos de até media hora ou unha hora e incumprimentos salariais continuos”.

Autobuses vellos que “poñen en risco a seguridade

Ás “nefastas condicións do persoal” isto engádeselle o “estado lamentábel da flota de autobuses”, con vehículos moi vellos que sofren avarías constantes que poñen en risco a seguridade no transporte.

Responsabilidade da Xunta

Neste senso, os representantes dos traballadores subliñan que a Xunta é responsábel desta situación. “Tanto a Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade como a Consellaría de Educación, que permanecen cegas e xordas diante dos problemas do sector e nin sequera responderon as múltiples denuncias realizadas”.

Así, insisten, a Xunta no seu momento, sacou uns contratos infradotados economicamente, e a pesar disto “a patronal presentouse incluso con rebaixas de até o 30% sobre o prezo de saída”. A súa idea era que poderían obter beneficios a conta de explotar as traballadoras e traballadores, precarizar as condicións laborais e deteriorar a prestación do servizo até límites insospeitados.

Para comprobalo basta con ver como día si e día tamén “as persoas usuarias se queixan polos atrasos nos horarios, as deficiencias do servizo ou incluso porque o autobús non pasa pola parada.

También te puede interesar