Galicia Vigo al minuto

Este venres e o sábado, folga na RTVG

Os profesionais denuncian marxinación, trato degradante, represión e manipulación

Comeza a folga na TVG

Os profesionais denuncian marxinación, trato degradante, represión e manipulación

Traballadoras e traballadores da Radio Televisión de Galicia (CRTVG) están convocados este venres e sábado a unha nova xornada de folga e de protesta. A mesma, baixo a lema ‘Non máis abusos’, súmase ás das últimas semanas e coincide co ‘Venres Negro 253, o que supón preto de 5 anos denunciando a situación do ente público.

Marxinación, trato degradante, represión e manipulación

Os e as profesionais denuncian unha situación laboral “marcada pola marxinación profesional, o trato degradante, a denegación de dereitos, sancións, e a represión sobre as traballadoras críticas coa manipulación informativa e o desmantelamento da compañía”. Por iso, hoxe están convocada, as 12:00h, unha concentración na Praza do Toural, en Santiago.

Traslados forzosos

Nesta liña, os representantes dos traballadores denuncian “traslados forzosos” como castigo, o que é “a manifestación máis recente de abusos laborais”. Por iso, piden defender a dignidde dos profesionais que esixen “obxectividade, imparcialidade e veracidade”, algo que, evidentemente non existe na información da RTVG.

También te puede interesar