As obras durarán máis de 2 anos
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou este martes, por 3.916.263 euros, as obras de execución da 2ª fase do proxecto de humanización da Avenida de Galicia, en Teis.
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe a licitación, á que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 24 de abril. Así, o obxectivo é iniciar os traballos no outono e telos rematados 14 meses.
Máis de 4 millóns
Esta nova intervención suporá un investimento na estrada PO-323 de 4,1 M€, tendo en conta o pagamento dos 54 predios.
Ademáis, con esta nova intervención, a Xunta completará as actuacións que acaba de iniciar, correspondentes a unha 1ª fase de humanización, entre Mariña Española e o IES de Teis,cun investimento de 2,45 millóns. Dese xeito, o investimento autonómico na PO-323 no concello de Vigo supera os 6,5 millóns de euros.