Con 50 contedores, 25 vehículos e 9 operarios máis
Durante os días centrais da ‘Reconquista’, o Concello de Vigo e FCC reforzarán o servizo de limpeza urbana, entre o 31 de marzo e o 2 de abril, co obxectivo de manter as rúas da cidade nas mellores condicións posibles nun ano no que se prevé a maior afluencia da historia desta festa.
Máis contedores
En concreto, instalaranse contedores de 800 litros de fracción orgánica, selectiva e papel en 15 localizacións que se sumarán aos contedores laranxas de recollida resto. Ademais, facilitarase aos postos a pe de rúa 50 contedores amarelos de dúas rodas de 120 litros para a recollida selectiva de envases.
Reciclaxe
Pensando nos establecementos que xeren vidro, como poden ser os hostaleiros, FCC colocará contedores destinados a tal uso en 7 localizacións con sistema de izado Vacri (volteo para a asistencia de contedores rodantes individuais); ademais de 35 contedores verdes de 90 litros para que os establecementos poidan trasladar o vidro aos 7 contedores anteriormente mencionados.
Dotación extraordinaria
O mesmo domingo, ao finalizar a festa, porase en marcha unha dotación extraordinaria composta por 9 vehículos e 25 operarios que percorrerán todo o casco vello e zonas coma a Porta do Sol, Náutico, Montero Ríos e Carral.