O tráfico está aberto na A-55 dende as 6 da mañá
Esta pasada noite quedou montado o van superior nas obras do treito da autovía Tui-A Guarda entre os enlaces da A-55 e do polígono de Areas, uns traballos que fixeron preciso cortar o tráfico esta noite pasada
Exactamente, afectou á circulación entre os puntos quilométricos 29+100 e 30+600 da autovía entre as 22,00 horas deste mércores e as 06,00 horas de mañá de hoxe, cando quedou restablecida a circulación.


Montaxe do segundo van de vigas do paso superior
Este corte é necesario para proceder á montaxe do segundo van de vigas metálicas do paso superior en forma de glorieta, sobre a autovía, co fin de poder dar servizo aos ramais, no tronco da autovía e a conexión coa N-551.
Neste sentido, o corte total de ambas as calzadas da autovía erá imprescindibel para executar os traballos en condicións de seguridade.