Leva pechada dende maio de 2022
A Asociación Veciñal de Teis, convoca unha concentración este xoves 13 de abril ás 19:30 horas, diante da piscina municipal de Teis, na rúa Coutadas. Coa mesma quere reivindicar a reforma inmediata da piscina municipal que está pechada dende o incendio de finais de maio de 2022.
Sen resposta do concelleiro de Deportes…
Precisamente, a Asociación solicitara unha xuntanza co concelleiro de Deportes, Manel Fernández, para tratar a situación da piscina. Tamen demandaban ao Goberno municipal o inmediato inicio das obras da reforma e que informara duns prazos reais para a súa apertura… pero non houbo ningunha xuntanza.
…aos 1.500 usuarios desta instalación
Así, a pileta leva pechada case 10 meses, “co prexuízo que isto provoca para os 1.500 usuarios desta instalación deportiva (que inclúe un ximnasio), que agora teñen que desprazarse a Lavadores e As Travesas”. Isto unido a que tamén afecta as actividades extraescolares dos centros educativos de Teis.
A piscina da ETEA cuberta
No ano 2017, o goberno municipal, decidiu cubrir a piscina da ETEA – na que o Concello investira preto de 500.000€-para destinala a pista de ximnasia, pero incluíndo un sistema que no futuro permitirá poder recuperala.
Desde a Asociación, defenden que o momento de recuperala, pois hai demanda en Teis e na cidade. Deste xeito, se a piscina da ETEA estivera funcionando na actualidade, cubriría, perfectamente, a demanda da veciñanza.
Netsa liña, dende a Asociación lembran que en setembro de 2002, o alcalde, xa anunciou que se ía destinar un millón de euros para reparar a piscina municipal de Teis, pero “a día hoxe aínda non comezaron as obras e non hai ningunha data para o inicio das mesmas”.