Ademáis de desfiles, complementos, moda e a música da orquestra Panorama
Desfiles, música e moito máis é o que ofrecerá a primeira edición da “Porriño Fashion Weekend” que se desenvolverá dende o venres, día 14, ata o domingo, 16 de abril.
Venres, 14
Este evento, que convertirá a vila nunha gran pasarela de tendencias, arrancará o venres 14 coa Shopping Night, unha noite de comercio aberto na que os establecementos da vila abrirán tamén dende as 21:00h e ata as 24:00h. Unha noite de compras na que haberá tamén Djs, coctelería, sorteos e moitas propostas da man de comerciantes e hostaleiros.
O broche de ouro a esta primeira xornada será musical da man da orquestra Panoramaque actuará a partir das 00:00 h na rúa Antonio Palacios (á altura do parque Ordóñez) e a continuación DJ DGrace. Reservarase unha zona para persoas con mobilidade reducida.
Sábado e domingo
A programación continúa o sábado 15 coa Fashion Night. Así, a partir das 19:00h. a rúa peonil transformarase nunha gran pasarela que mostrará as últimas tendencias en moda, peiteados e florería da man do comercio local. Zapatería, moda, roupa infantil e deportiva, complementos, peiteados, maquillaxe, vestidos de noiva e arreglos florais compoñen as propostas que lanzan os establecementos participantes.
A xornalista porriñesa, Raquel Atanes, será a encargada de presentar o desfile, que rematará coa música en directo de Manu Pereyra (en colaboración con Origen Café). A música tamén clausurará a xornada coa sesión dj na praza da man de DJ Raper & Traffic House.
O domingo 16 desenvolverase o Fashion Market, un gran mercado que se instalará na rúa Leandro Diz a partir das 16:00h.