Vigo al minuto

Novo ‘sobresaliente cum laude’, para da unha médica da sanidade pública de Vigo

É a doutora Natalia García Morales, especialista en Aparello Dixestivo

Novo 'sobresaliente cum laude', para da unha médica da sanidade pública de Vigo

É a doutora Natalia García Morales, especialista en Aparello Dixestivo

A especialista no Aparello Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, Natalia García Morales, acaba de obter o doutoramento con ‘sobresaliente cum laude‘ pola Universidade de Santiago de Compostela, pola súa tese sobre cirrose hepática.

Sexto ‘sobresaliente cum laude’

A doutora Morales é a sexta médica da sanidade pública viguesa que obtén esta cualificación, xunto ao doutor Vincenzo Vigorita; o doutor Emilio Couceiro; o ciruxán pediátrico Marcos Prada; a doutora Isabel Otero e a neumóloga Cecilia Mouronte.

Cirrose

O obxecto da investigación da doutora Morales era estudar o impacto do apoio social e outros factores psicosociais na supervivencia dos pacientes con cirrose hepática descompensada. Segundo a súa tese, “a cirroses hepática descompensada é unha enfermidade con elevada morbimortalidade e no seu prognóstico inflúen diversos factores clínicos; sen embargo, os factores sociais no ten sido estudados neste contexto”.

Estudo con 127 pacientes

Para a súa investigación, a doutora Morales realizou un estudo multicéntrico con 127 pacientes, dos cales o 79,5% eran homes e cunha idade media de 60 anos. Entre as variables recollidas, tivéronse en conta datos epidemiolóxicos, clínicos e sociais (apoio social e risco social). A etioloxía máis frecuente de cirroses foi o alcol (74,8%).  Na valoración do apoio social detectouse que a maioría dos pacientes (92,2%) tiñan un apoio global adecuado. Porén, a supervivencia ao ano en pacientes con apoio social global inadecuado foi do 30%, fronte ao 73,5% dos que presentaban apoio adecuado, polo que, aínda que sexan unha minoría, os doentes con apoio social inadecuado deben ser identificados canto antes, para poder intervir e mellorar a súa previsión vital.

 Factores de risco

A cirroses hepática é unha enfermidade crónica de elevada morbimortalidade e a súa evolución natural consta, polo menos, de dúas fases ben definidas: cirroses compensada e descompensada. A transición entre estas dúas fases aparece cando o paciente desenvolve complicacións como ascites (acumulación líquido no abdome), encefalopatía, ou hemorraxia dixestiva, entre outras. Así, a aparición de descompensación asóciase a un notable descenso da supervivencia.

Describíronse numerosos factores prognósticos clínicos nestes pacientes, como a deterioración da función hepática, o desenvolvemento de hepatocarcinoma (tumor maligno no fígado), ou a presenza de comorbilidades. Ademais, os factores sociais foron amplamente estudados tanto en poboación xeral como en pacientes con enfermidades crónicas como a hipertensión arterial, demostrando ter valor prognóstico e impacto na supervivencia.

Nova escala de avaliación do risco

Por outra banda, neste estudo a autora desenvolveu unha escala adaptada e abreviada de medición de factores psicosociais baseada na escala validada SIPAT, e denominada “SIPAT-11”. Esta enquisa valora os seguintes aspectos: apoio sociofamiliar, o estilo de vida, a adecuación á contorna e a preparación ou afrontamento da enfermidade.

O apoio social impacta na supervivencia

Entre as conclusións desta investigación cabe subliñar que “os aspectos psicosociais xogan un papel na supervivencia dos enfermos con cirroses hepática, polo que deberían implementarse medidas para a súa detección, análise e, no caso correspondente, unha intervención. Un apoio social adecuado se asocia a unha maior supervivencia,  independentemente doutos factores clínicos, como a idade, a función hepática ou a presencia hepatocarcinoma”, asegura a doutora Natalia García.

También te puede interesar