Ubicado na rúa Progreso, preto da zona comercial da vila
Xa está aberta ao público a nova zona de aparcamento gratuíto habilitada polo Concello do Porriño no centro urbano. Este aparcamento disuasorio, de 14.000 m2, está na rúa Progreso e dada a súa extensión e localización, no futuro acollerá tamén eventos e actividades lúdicas e festivas.
25.000 m2
Con este novo espazo, situado xunto á zona peonil e a praza de abastos, o Concello suma no último ano 25.000 metros cadrados destinados a tal fin. Como informara vigoalminuto, habilitáronse varios aparcamentos disuasorios nos últimos meses. Un deles está na rúa Progreso; máis dúas parcelas na zona do instituto Pino Manso e do pavillón municipal e outras dúas na rúa Leandro Diz.