Galicia Vigo al minuto

2.000 persoas rodean a Xunta e rexeitan máis de 75 “proxectos macroeólicos especulativos”

Alertan de danos “irreversíbeis”

2.000 persoas rodean a Xunta e rexeitan máis de 75 "proxectos macroeólicos especulativos"

Alertan de danos “irreversíbeis”

Este domingo, a Coordinadora Eólica Así Non volveu mobilizar ao pobo galego en contra da actual “depredación macroeólica especulativa” que, desta volta, conseguiu rodear cunha cadea humana multitudinaria todo o perímetro das depedencias da Xunta de Galicia, en San Caetano, Santiago de Compostela.

Máis de 2.000 persoas

A pesar da chuvia, máis de 2000 persoas acudiron á mobilizacón de “Eólica Así Non” para esixirlle á Xunta o rexeitamento de máis de 75 proxectos eólicos que xa contan coa declaración de impacto ambiental favorable da Consellaría de Medio Ambiente, e que nos vindeiros dous días poderían acadar a autorización previa administrativa do goberno galego.

O vindeiro 25 de abril é a data límite establecida polo Real Decreto-Lei 23/2020 para que 77 parques eólicos tramitados na Xunta obteñan autorización administrativa e manteñan vixente o permiso de conexión á rede. Ao mesmo tempo, os milleiros de manifestantes congregados arredor do edificio administrativo da Xunta instaron ao Executivo galego a paralizar outros máis de 150 proxectos eólicos que, malia á suposta moratoria eólica de Feijóo, manteñen en curso a súa tramitación, coa pretensión de seren autorizados.

Danos irreversíbeis ambientais, patrimoniais, sociais e económicos

Desde a Coordinadora Eóilca Así Non advírtese dos danos irreversíbeis ambientais, patrimoniais, sociais e económicos que “esta vaga eólica” carrexará para o país se os gobernos galego e estatal “non frean tal despropósito e non planifican adecuadamente a implantación de renovábeis”.

Lembra que todas as máis de 200 entidades e colectivos que conforman a Coordinadora apoian as enerxías renovábeis para acadar unha transición ecolóxica e socialmente xusta, pero non a calquera prezo. O

s máis de 75 macroproxectos eólicos que a Xunta está a punto de autorizar, sen unha adecuada avaliación ambiental e “por vías exprés e antidemocráticas”, poñen en risco a preservación dos espazos naturais de maior valor ambiental do país e a conectividade ecolóxica, a disposición de recursos básicos para a vida como a auga.

Ademáis, destrúen biodiversidade e moitos dos ecosistemas que son imprescindíbeis para afrontar o reto climático; eliminan terras de cultivo de alimentos; destrúen a paisaxe e patrimonio histórico e cultural; prexudican formas de vida tradicionais e sustentábeis; expulsan as persoas do rural; poderían afectar de forma singular á saúde das poboacións máis próximas aos aeroxeradores, alén da depreciación de valor que sufrirán todos os bens e inmobles situados dentro das poligonais eólicas.

Consecuencias dramáticas

“As consecuencias serían dramáticas. A autorización destes proxectos sería unha auténtica catástrofe ambiental e social sen precedentes, na que en especial o medio ambiente e o rural galegos ficarían dilapidados para sempre e en mans de multinacionais destrutoras do territorio. Os galegos e galegas non podemos nin debemos tolerar este asalto ao país, e así llo facemos saber aos que nos gobernan”.

También te puede interesar