Segundo as análise dos niveis de dióxido de nitróxeno
Ecoloxistas en Acción realizou unha análise dos niveis de dióxido de nitróxeno (NO2) na contorna inmediata de 18 centros educativos repartidos por Vigo. Para o estudio seleccionáronse centros de Educación Primaria e Secundaria: tanto os situados tanto en vías con gran densidade de tráfico motorizado como en entornos afastados e con pouca exposición aos contaminantes emitidos polos vehículos.
A Campaña de medición realizouse entre xaneiro e febreiro mediante a colocación de dous dosímetros na contorna dos centros escolares. Así, os resultados analíticos foron proporcionados por un laboratorio público acreditado.
En canto ao método utilizado para a determinación das concentracións de NO2, foi mediante captadores pasivos de xeometría plana. Esta técnica está establecida como método indicativo pola Directiva 2008/50/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de maio de 2008, relativa á calidade do aire ambiente.
Os IES Coruxo, Santa Irene e CEIP Balaídos, e Ramón y Cajal presentan as peores situacións
Neste sentido, Ecoloxistas en Acción alerta que “todos os puntos muestreados pasan amplamente a referencia da guía anual da OMS para exposicións de longa duración”, establecido en (10 µg/m3). Ademais, 13 dos 18 centros educativos a estudo superaron así mesmo a guía diaria da OMS para exposicións de curta duración (25 µg/m3).
Polo que atangue aos centros en sí, as peores situacións observáronse nas contornas do IES Coruxo; IES Santa Irene; CEIP Balaidos; Afonso R Castelao; CEIP Vicente Risco e no CEIP Ramón y Cajal. Neste último o valor superou incluso os 40 µg/m3.
Mala calidade do aire que respiran as rapazas e rapaces
O informe deixa patente que a calidade do aire nos centros educativos de Vigo non é axeitada, “prexudicando a saúde da poboación escolar”. A organización ecoloxista lembra que a poboación infantil é especialmente sensible á contaminación atmosférica. Isto débese á súa elevada frecuencia respiratoria; maior exposición no ambiente exterior á inmaturidade dos seus sistemas respiratorio e inmunitario, sendo o NO2 un activo inmunodepresor. Por iso é moi importante avaliar as súas concentracións nas contornas escolares: nelas a poboación infantil e adolescente pasa boa parte da súada súa vida.
Máis de 200 mortes anuais
“A contamización por NO2 lévase todos os anos a vida de moitos vigueses e viguesas. Segundo un estudo realizado por ISGlobal no ano 2015 en Vigo se estiman máis de 200 mortes anuais por este contaminante” recalca Cristóbal López, voceiro de Ecoloxistas en Acción.
Conclusións do estudio
Á vista dos datos obtidos, os especialistas chegaron ás seguintes conclusións:
1. O tráfico motorizado é o principal responsable da calidade do aire urbano, e en particular da contaminación por NO2. Isto é debido a que a poboación vive moi próxima ao tráfico rodado, polo que a súa contribución á exposición humana en cidades é determinante. Os niveis máis altos de NO2 alcánzanse na contorna das principais vías de tráfico das aglomeracións urbanas e as súas áreas metropolitanas.
2. É fundamental reducir a contaminación atmosférica nas cidades, xa que a mesma causa cada ano milleiros de mortes anuais en España por exposición ao dióxido de nitróxeno; ás partículas en suspensión e o ozono, segundo demostran os estudos máis recentes publicados polo Instituto de Saúde Carlos III de Madrid (ISCIII) e o Instituto de Saúde Global de Barcelona (ISGlobal).
3. Resulta necesaria unha substancial mellora da información sobre a calidade do aire que respiramos, en particular na contorna dos centros educativos e outros centros sensibles. Así hai que completar a proporcionada polas estacións oficiais de medición, con mapas de distribución e con campañas de medición específicas, que deberían estar a desenvolver as administracións públicas.
“Existe unha clara correlación entre os niveis de contaminación por NO2 e as contornas educativas analizadas con máis tráfico, podendo por tanto nelas atribuír a orixe principal deste contaminante á emisión de gases de combustión de vehículos de motor, de maneira coherente cos estudosrealizados sobre tráfico e calidade do aire. En contraste, as contornas escolares con mellor calidade do aire corresponden a espazos peonalizados ou con baixa circulación de automóbiles, demostrando que a marxe de mellora é moi elevado” sinala Ana Díaz coordinadora da campaña de muestreado do aire.
O Concello ten que actúar
Á vista deste estudo, Ecoloxistas en Acción subliña que é necesario que o Concello de Vigo tome medidas para promover sistemas de mobilidade como o tránsito peonil, a bicicleta e o transporte público. Tamén ten que poñer en marcha medidas concretas para reducir a contaminación nas vías perimetrais aos centros escolares. Así, ademáis das anteriores debería crear corredores de acceso libres de coches; limitar o aparcamento e o tráfico nas rúas da contorna e, moi especialmente, nas inmediacións das entradas aos centros.
Vigo segue sen cumprir coa obriga de ter zonas de baixas emisións
A organización ecoloxista embra que Vigo segue sen cumprir a obrigación legal de que todas as cidades de máis de 50.000 habitantes implanten antes de 2023 zonas de baixas emisións para reducir a circulación de vehículos contaminantes.
Para concienciar da grave situación, el grupo de Vigo de Ecoloxistas en Acción leva varias semanas cunha exposición itinerante e realizando charlas ao alumnado polos colexios de Vigo.