Este mércores, ás 20:00h.
Jordi Francés dirixirá a Real Filharmonía de Galicia, este mércores 24 de maio, nunha nova cita da Tempada Clásica da Obra Social de ABANCA no Teatro García Barbón. O concerto terá lugar ás 20.00 h. e o programa inclúe pezas de Shostakovich, Schumann e Ligeti.
Afundación, a Obra Social de ABANCA, celebra a súa Tempada de Música Clásica en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Vigo e enmarcada no programa solidario de innovación social «Cultura por alimentos». En liña coa promoción social da cultura, Afundación ofrece ás persoas menores de 35 anos as entradas a 5 euros media hora
antes do comezo dos recitais. Entradas en: ataquilla.com.
A seguinte cita dentro da Tempada Clásica será o 8 de xuño. Dima Slobodeniouk dirixirá a Orquesta Sinfónica de Galicia.