Segundo os datos de MeteoGalicia
Raios e tronos. Literamente. É o que viviu Galicia este martes pola tarde. Tanto foi así que, segundo o datos de MeteoGalicia, caeron 2.330 raios entre as 6 e as 8 da tarde.
Os mesmos estiveron acompañados de fortes precipitacións, especialmente no interior da provincia da Coruña, que foron de saraiba, especialmente en Monfero -con 34 litros por metros cadrado- na zona de Arzúa e tamén en Santiago. Precisamente, na capital as choivas, como sucedera en Ourense, causaron asolagamentos e inundacións en garaxes e baixos.