Destacados Vigo al minuto

O PSOE pactará gobernos de esquerdas na provincia, pero non a costa dos seus cabezas de lista

Non tolerará vetos aos candidatos e candidatas ás Alcaldías

O PSOE pactará gobernos de esquerdas na provincia, pero non a costa dos seus cabezas de lista

Non tolerará vetos aos candidatos e candidatas ás Alcaldías

O PSdG-PSOE da provincia de Pontevedra facilitará que haxa ‘gobernos de progreso’ nos concellos onde sexa posible…pero non sacrificará, en ningún caso, aos seus candidatos e candidatas ás Alcaldías.

Así sinalou a executiva provincial a ‘liña vermella’ que pon para chegar a acordos naqueles concellos nos que gañou o PP, pero a suma doutros partidos facilita que a esquerda chegue ao poder.

Redondela

A realidade é que esta decisión semella feita á medida de concellos como o de Redondela, onde o Partido Popular acadou 10 concelleiros, fronte aos 11 de PSOE (7), BNG (3) e Agrupación de Electores-AER (1). Precisamente, os responsabéis de AER anunciaron antes do inicio da campaña electoral, durante a mesma e logo das Eleccións do pasado domingo, que non darían o seu voto á actual alcadesa, a socialista Digna Rivas.

Ainda así, David Regades, secretario xeral do PSOE provincial, foi claro: “os nosos candidatos non se cambian”, advertiu. “Cambiar a un candidato ou a candidata nunha mesa de negociación sería a antidemocracia”, concluiu.

Os resultados non son os agardados…

Regades recoñeceu que os resultados das Municipais na provincia de Pontevedra “non foron os desexados”, ainda que os socialistas teñen a maioría absoluta en 19 deles, algo que non permitiu que Carmela Silva conservase a Presidencia da Deputación.

…peros sí foron os mellores de Galicia

Ainda así, subliñou que o PSOE acadou en Pontevedra “o mellor resultado de todas as provincias de Galicia“, ademáis dun dos mellores do seu partido en todo o Estado. Nesta liña, adiantou que os socialistas están preparados para ser, de novo, os máis votados na provincia nas vindeiras Eleccións Xerais do 23 de xullo.

Fernández-Tapias

Seguindo nesta liña, para o lider provincial do PSdG, non é comprensible que algún candidato do Partido Popular, logrando 5 de 27 concelleiros, sexa alternativa para presidir institucións, declarou en referencia a Marta Fernández-Tapias, que soa para dirixir a Deputación de Pontevedra.

Regades, repetiu o argumento de Abel Caballero quen, onte, lembrou que a ‘antecesora’ de Tapias como candidata á Alcaldía de Vigo [Elena Muñoz] dimitiu logo de acadar resultados semellantes nas Municipais de 2019.

También te puede interesar