Festival ‘Y se armó la gorda’
“Y se armó la gorda” encherá Vigo de “autoamor radical” para todos os públicos esta fin de semana, o sábado 3 e o domindo, 4 de xuño. Na cidade estarán as grandes referentes do activismo gordo a nivel estatal, como Mara Jimenez (@croquetamente) ou Magdalena Pinyeiro (@magda_pinyeiro), que conducirán senllos obradoiros.
Ademáis, haberá outros espazos de reflexión e participación, tanto para adultas coma para adolescentes e crianzas, guiados por activistas e profesionais locais feministas, coma Priscila Retamozo, do Comando de Igualdade, Lucía
Coutado, Mariola Ffotoeduca, Lidia Folgar, Andrea Nunes, Mari Fidalgo, Angy de Eduso Antirracista ou Lucía Trigo, entre outras.
Para todas as idades
Tamén se montará un mercadiño de roupa circular; postos de moda para todas as tallas; un obradoiro de customización de prendas; stands de visibilización de proxectos feministas; micros abertos; pinchadas e concertos da man das artistas – locais Flow do Toxo, Nu.Eva, Saya.-e un espazo de proxeccións dos filmes das produtoras galega Illa
Bufarda, Cizalla Cultural e Cru.
Programación infantil
A programación infantil completarase con obradoiros de cociña consciente, a cargo de Outro Conto e Marta Losada, e unha actividade de circo de man de Atípico.
O festival pretende situar a Vigo no mapa do activismo contra a gordofobia; tecer rede a nivel estatal e local con outras mulleres activistas que son referentes do activismo feminista gordo; construír unha comunidade libre de vergoña corporal e na que se celebre a diferencia e, sobre todo, converterse nun espazo de celebración.