Galicia Vigo al minuto

O candidato do BNG de Redondela descártase para encabezar o Goberno local

Rexeita as declaracións dos representantes de AER

Imaxe: BNG Redondela

Rexeita as declaracións dos representantes de AER

Xoán Carlos González non encabezará un futuro Goberno local en Redondela. Nunha nota enviada aos medios de comunicación, o Bloque Nacionalista Galego, aclara que “en ningún momento se prantexou a posibilidade de que o candidato á Alcaldía encabece  alternativa ningunha. Esta opción sería un fraude eleitoral en toda regra, e unha deslealdade cos votantes“.

Aviso a AER

Nesta liña, en clara referencia á Agrupación de Electores (AER), dende o Bloque subliñan: “rexeitamos enerxicamente o feito de que outra organización política tomase a liberdade de falar en nome do BNG”. Así, engaden que “o panorama político no recentemente electo pleno municipal está evidentemente enrarecido por motivos máis persoais e de loita de egos que por cuestións ideolóxicas e/ou políticas, polo que non pode ser o BNG quen solucione os problemas doutras organizacións“.

Resultados

Logo de salientar o “intenso traballo levado a cabo por militantes e simpatizantes”, para os responsabéis locais do BNG os resultados das Eleccións do pasado día 28 so poden cualificarse de “moi bos”. Aclaran que “en Redondela duplicamos a porcentaxe de apoio electoral en comparación co anterior proceso municipal (dun 8.2% a un 16.12%), e subimos, no cómputo xeral en máis de 1.200 votos”.

No que atangue ás parroquias, subliñan o incremento do apoio en practicamente todas elas. “Interpretamos estes resultados como a proba de que a mensaxe do BNG chegou a moita xente, o cal foi, durante toda a campaña, a sensación de moitos e moitas de nós”.

Futuro

Dende a Agrupación Local piden aos seus militantes e votantes que estean tranquilos, en relación coa formación do próximo goberno local. Por iso, solicitan aos mesmos que agardarden a que “cada un dos actores políticos deste concello se fagan cargo da súa responsabilidade e deixen de xogar coa vontade democrática do pobo”.

Pola súa bando, indican que o BNG tómase a súa responsabilidade “moi en serio Por iso, “tentaremos, como non pode ser doutra forma, que Redondela teña durante os próximos catro anos un goberno estable e de progreso”. Porén, conclúen, “somos conscientes da forza con que nos dotou o electorado, e entendemos que debemos estar en disposición de dialogar con todos os axentes políticos, porque o diálogo é a única vía para a estabilidade e o progreso”.

También te puede interesar