Para a quenda da fin de semana do Sistema 2 que precisa 700 persoas
Hai uns días informabamos de que Stellantis Vigo iniciara a selección de 700 persoas para traballar na quenda de fin de semana do Sistema 2...hoxe a CUT asegura nunha nota enviada aos medios de comunicación que “parece ser” que a fábrica ten dificultades para atopar eses traballadores.
Aínda máis, aseguran dende o sindicato, “moitas persoas deciden abandoar a fabrica antes de rematalo seu contrato ante a situacion de precariedade existente”. Así, engaden, “unha vez comezan a traballar decatanse do salario insuficiente, presións, problemas de saude, inestabilidade horaria, xornadas maratonianas ou dispoñibilidade absoluta”.
A planta máis rendible de España
Cos datos do propio grupo, indican dende a CUT, Vigo segue sendo das máis rendibles, inclusive a máis produtiva tamén de tódolos fabricantes instalados no Estado. Algo que, apuntan, consíguese pese á “precarización das condicións de traballo”.
Así, expoñen, no ano 2004 entorno a 9.115 persoas fabricaron 458.200 vehículos; en 2020 só 6.998 persoas fabricaron 498.000. Isto quere dicir que “a produtividade por persoa traballadora creceu exponecialmente”; pasando de 50 vehículos por traballador no 2004, a 70 no 2020.
Degradación das condicións laborais e redución de plantilla
Deste xeito, as “precarizacións das condicións de traballo”, que “teñen como único fin aumentar a marxe de beneficios”, seguidas de “reducións de plantilla”, non supuxeron unha redución na produción, “máis ben o contrario”.
A conclusión é que este aumento de vehículos fabricados cun menor número de persoas traballadoras “se debe a un incremento dos ritmos de traballo”. Un ritmo que é “dificilmente asumible polas persoas traballadoras”, e que esta
xerando un clima laboral limite, con “numerosas operacións por riba do tempo ciclo, co completo desbaraxuste das composicións, que alteran o ritmo de traballo diario e cunha velocidade das liñas imposible”.
Enfermidades
Esta sobre carga, alerta a CUT, “deriva en enfermidades que case nunca teñen consideración de profesionais, sendo derivados aos servizos da Seguridade Social, con cargo as arcas publicas, ao non recoñecer estas enfermidades profesionais (só se recoñecen unha media de 25 ao ano) para unha plantilla próxima as 6.000 persoas traballadoras”.
Ante esta “situacion de degradacion constante, Stellantis Vigo no pode sorprenderse de ter dificultades para atopar persoas traballadoras”. Para a CUT, se as condicions de traballo tivesen unhas condicions economicas acordes ao
custe da vida actual; unhas condicions de traballo que permitan manter unha saude fisica e psicoloxica dentro da normalidade, unhas condicións sociais que permitan a estabilidade, a conciliacion, os horarios estables e coñecidos
con tempo de antelacion,… “en definitiva, cunhas condicións dignas, Stellantis Vigo non teria estas dificultades“.
Negociar
Debido a esta situación dende a CUT instan á representacion sindical e á direccion da empresa a sentarse a negociar unhas novas condicions dignas e acordes a situacion actual da fabrica e aos beneficios de Stellantis, para
as persoas traballadoras ante o inicio da cuarta quenda.