Comarcas Vigo al minuto

Dende o luns, novo bus entre Vigo, O Porriño e os polígonos da Granxa e das Gándaras

Con 8 viaxes diarias: 4 de ida e outras 4 de volta

A Xunta e 12 concellos da área de Vigo, prorrogan dous anos o Plan de Transporte Metropolitano

Con 8 viaxes diarias: 4 de ida e outras 4 de volta

Este luns, día 5 de xuño, comezará a funcionar a nova liña de autobús da Xunta entre Vigo, O Porriño e os polígonos industriais da Granxa e das Gándaras. Así, a nova liña incluirá 8 expedicións, 4 de ida e 4 de volta, que mellorarán a oferta de servizos entre ambos os dous municipios.

O obxectivo deste novo servizo é responder ás demandas de mobilidade trasladadas polo Concello do Porriño, ampliando as alternativas de viaxe dos usuarios do transporte público autonómico, especialmente, daquelas persoas que se despracen por motivos laborais cara a estes parques empresariais.

Horarios

Para iso, os usuarios disporán de servizos desde primeira hora da mañá ata o remate do día, tanto para a ida como para a volta, facilitando así a compatibilidade horaria. Concretamente, haberá 4 expedicións de ida con saída desde a estación intermodal de Vigo ás 05,00, 07,00, 13,00 e 21,00 horas con chegadas á parada O Porriño (Cablería
Auto) ás 05,50, 07,50, 13,50 e 21,50 horas, respectivamente.

Para a volta establécense 4 servizos con saídas desde a parada O Porriño (Cablería Auto) ás 06,00, 14,00h, 16,50 e 22,00 horas e chegadas á estación intermodal de Vigo ás 06,50, 14,50, 17,40 e 22,50 horas. Deste xeito, en menos de unha hora os usuarios realizarán o percorrido completo.

Nove paradas, 6 delas nos polígonso industriais

O itinerario comprende 9 paradas, das cales 6, nos polígonos industriais, son de nova creación. A relación de puntos de paso inclúe 2 en Vigo e 7 no Porriño por esta orde: Vigo estación intermodal; Vigo (praza de España); O Porriño (Avenida de Galicia); Porriño (Imprenta Paz); O Porriño (Vip Galicia); Porriño (CTAG); O Porriño (GESTAMP), Porriño (CEAMSA)e Porriño (Cableria Auto). As 8 expedicións manteranse operativas durante todo o ano, en días non festivos, de luns a venres.

A información relativa aos novos servizos está dispoñible para a súa consulta na web: www.bus.gal.

También te puede interesar