Destacados Vigo al minuto

Denuncian unha “agresión ambiental” do Concello con “obras ilegais” no Lagares

En contra da prohibición “taxativa” do Servizo de Conservación da Natureza

Denuncia unha “agresión ambiental” do Concello con "obras ilegais" no Lagares

En contra da prohibición “taxativa” do Servizo de Conservación da Natureza

O Bloque Nacionalista Galego vén de denunciar unha “nova agresión ambiental” no Lagares, nesta ocasión a mans do propio Concello de Vigo. Así o asegurou este luns o seu portavoz municipal. Xabier P. Igrexas, quen cuestionou a realización de obras municipais, entre abril e xuño, na ribeira do curso fluvial malia a prohibición “clara e taxativa” do Servizo de Conservación da Natureza. Igrexas subliñou que este tempo é o de período de reprodución e cría da fauna.

Escrito de denuncia a Abel Caballero

“O BNG temos constancia de que a pasada semana se estiveron a realizar traballos, nas inmediacións da rúa Gandarón, con presenza de maquinaria pesada e movementos de terra”, criticou Igrexas. Por iso, dirixiu un escrito de denuncia ao alcalde de Vigo para esixir explicacións e urxir a que se poña fin aos traballos na contorna do Lagares.

“Ilegais”

“Estas actuacións son abertamente ilegais”, subliñou o voceiro do BNG, en base ao informe de autorización do departamento dependente da Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galiza. Acompañou a denuncia de imaxes que acreditan a presenza de maquinaria de obra os pasados días 29 e 30 de maio.

‘Obras inaugurábeis’

Non pode ser que facer avanzar obras inaugurábeis, como o paseo fluvial, se poña por diante da protección dos valores ambientais dun espazo e dun ecosistema tan relevante para a nosa cidade como é o río Lagares”, manifestou Igrexas neste Día Mundial do Medio Ambiente.

También te puede interesar