Deportes Vigo al minuto

Nigrán abre a inscrición para 9 campus deportivos

Tenis, baloncesto, patinaxe, rítmica, surf, vela lixeira, kaiak e paddel surf e fútbol

Nigrán abre a inscrición para 9 campus deportivos

O Concello de Nigrán, coa colaboración dos clubes do municipio, ofrece un ano máis desde finais de xuño a inicios de setembro 9 modalidades de campus deportivos orientados a crianzas e adolescentes: tenis, baloncesto, patinaxe, rítmica, surf, vela lixeira, kaiak e paddel surf e fútbol.

Inscrición

Así, o prazo de inscrición aos mesmos está aberto, dispondo os interesados de toda a información AQUÍ (datas, mails de contacto e teléfonos, lugar de celebración, prezo, idades, etc). Todos teñen unha duración de 5 días e un custe de entre 60 e 70 €.

Os campus están orientados a un público infantil e adolescente e arrancan con vela lixeira o día 26 de xuño, sendo o último o de rítmica do 4 ao 8 de setembro. O Concello aportará a merenda diaria para cada participante e a cobertura do seguro e darase prioridade ás criazas empadroadas.

También te puede interesar