O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en sentenza 02660/2023, “condena” a Stellantis Vigo, por vulneración de dereitos fundamentais e da liberdade sindical a representación das persoas traballadoras, e neste caso á CUT como único sindicato demandante.
30.000 euros
Así, apuntan dende a central sindical, a sentenza declara nulo o acordo individual de tele-traballo “e acredita 3 vulneracións a liberdade sindical polas que a empresa ten que indemnizar a CUT con 30.000€“.
Á vista da decisión xudicial, dende o sindicato aseguran que “unha vez máis ponse de manifesto a clara política antisindical que ten esta empresa de cara a CUT, a única central sindical que lle fai fronte”. Denuncian os seus responsábeis que “o ninguneo continuado ao que pretende someternos, ocultándonos continuamente a información indispensable para poder actuar na defensa das persoas traballadoras e limitando a nosa acción sindical, ao que agora e unha vez máis con esta nova sentenza, ponlle freo o TSXG”.
Varias sentenzas
Ademáis, dende a CUT subliñan que xa son varias as sentenzas que sancionan á planta viguesa por vulnerar dereitos
fundamentais. Neste caso, “a sentenza ditamina que, o acordo de tele-traballo que foi imposto unilateralmente pola empresa”. O mesmo é nulo, “e mais a vista das diferentes cláusulas que nel se recollen”: dificulta dereitos de conciliación as persoas que de adhiran ao acordo individual de tele-traballo; establece condicións de equipamento tamén a cargo da persoa traballadora como pode ser o internet, cando é a empresa quen debe de facilitalo.
Así mesmo, continúan dende a CUT, a compensación económica realizada pola empresa de 120€ brutos/ano que
compensaría de xeito global a situación de tele-traballo, non pode ter consideración de salario, xa que sería transformar parte do salario en indemnizacións ou suplidos, reducindo o salario por esta vía. Por último, “condiciona os limites da desconexión dixital, ao poder establecer comunicacións urxentes fora da xornada laboral das persoas traballadoras”.
Dende a CUT rematan lembrando que “este acordo imposto contou co silencio de (SIT, UGT e CC.OO)”.