Cultura Vigo al minuto

Camela, de volta en Vigo

Co seu novo disco, “Que la música te acompañe”

o seu novo disco, "Que la música te acompañe"

Camela, unha das bandas máis queridas do noso país, únese á programación outonal do Auditorio Mar de Vigo, na que destacan, entre outras, as actuacións de artistas e bandas internacionais e nacionais como Asaf Avidan, Calexico, Niña Pastori, Manolo García (para o que non quedan entradas), ou Víctor Manuel entre outros. 

Así, o 18 de novembro, Camela presentarán en Vigo o seu novo disco, “Que la música te acompañe”. Camela, cunha traxectoria de máis de tres décadas, deixou pegada no panorama musical, co seu estilo “tecno-rumba”. Por iso “Que la música te acompañe” promete ser unha produción excepcional que reflicte a evolución artística e o espírito auténtico da banda.

A presentación do novo disco de Camela en Vigo “promete ser unha experiencia inigualable que deleitará aos fans e consolidará o legado dunha das bandas máis queridas do noso país”As entradas xa están á venda a través de www.teuticket.com.

También te puede interesar