O traballo titulado Xestión emocional na adolescencia, no que elaborou unha análise sobre unha poboación de 184 rapazas e rapaces mosenses, para o que contou coa colaboración do IES de Mos, recibiú o 1º Premio da VII Edición de Premios de Investigación en Atención Primaria e Comunitaria.
Realizado pola residente de Enfermería Familiar Inés Alonso, do Centro de Saúde de Mos, alerta da necesidade de tomar certos comportamentos e actitudes como evidencia de problemas emocionais que poden derivar noutras patoloxías.
Así, o Concello de Mos apostou nesta 50 edición da Festa da Rosa por darlle visibilidade ao labor integral e social que o Centro de Saúde realiza na contorna polo que decidiu de forma unánime, contar coa presencia das dúas enfermeiras para realizar o pregón das festas.
Festa da Rosa
Os actos, presentados por Alejandro Pérez e Cristina Maró, comezaron cun acto relixioso e, ás 12:00h realizouse o fallo do tradicional Concurso da Empanada de Millo, incluída na festa gastronómica organizada pola Asociación de Mulleres Rurais en colaboración co Concello de Mos e que este ano chega á súa 24 edición. Tamén fallouse o Concurso de Rosas do Día da Rosa que inclúe novamente o premio á mellor flor de cada unha das 10 parroquias mosenses, de entre as que se elexiu a mellor de todo o concello.
Ao remate da entrega de premios dos devanditos concursos houbo unha actuación musical da Banda Xuvenil de Torroso na que interpretaron o Himno Municipal, Alborada Camiño da Rosa, composto por Xulio Lorenzo, cantado polo artista Antonio Barros (autor da letra xunto con Ialma), entre outras pezas.