Un ano máis, despois dunha nova inspección dos máis de 8.000 quilómetros das costas españolas, Ecoloxistas en Acción presentou o informe Bandeiras Negras 2023, que outorga un total de 48 en todo o Estado español, 6 delas en Galicia.
Este informe de 2023, como en anos anteriores, recolle as situacións de afección ambiental máis graves, pero non todas que, segundo a organización, poderían ser moitas máis. Aínda que cada ano obsérvanse problemáticas similares ás anteriores, un dos maiores problemas que se identifica no informe é o da turistificación e urbanización do noso litoral. Nesta ocasión aparece por primeira vez unha problemática que ata o de agora non se denunciou: a proliferación de praias caninas designadas sen unha avaliación previa de impacto ambiental.
Praia da Calzoa
É o caso da praia da Calzoa, designada como praia canina sen prever o grave impacto ambiental que se xerou, pola que se outorgou unha bandeira negra ao Concello de Vigo. Pasear con cans por contornas naturais converteuse nunha actividade moi popular en todo o mundo, que expón unha serie de problemáticas ambientais e desafíos que deben ser abordados de maneira responsable por parte das administracións e da sociedade.
Numerosos estudos científicos evidencian o elevado impacto que o paseo con cans causa sobre a fauna litoral, principalmente ás aves, pois é o hábitat exclusivo de alimentación, descanso e reprodución para moitas delas. Os efectos negativos desta actividade cuantifícanse moi por encima do resto de tipos de molestias analizadas.
“Cando permitimos que un can persiga ás aves, aínda que non as atrape, causamos nelas un importante estrés, impedímoslles ou dificultamos a obtención de alimento, privámolas de descanso e obrigámolas a investir un elevado gasto enerxético en ter que fuxir” resalta Ana Pascual, voceira de Ecoloxistas en Acción. Desde a organización ecoloxista queren deixar claro que non se trata de prohibir todas as praias caninas, nin de demonizar a ningún animal, nin ás persoas que os acompañan, senón de entender a interacción que se produce entre eles: as aves perciben ao can como predador e este a elas como presa.
ENCE
Este ano, de novo, reitéranse bandeiras a atentados ecolóxicos que parecían en vías de solucionarse, pero cuxa resolución -segundo a organización- está aletargada no trámite administrativo, cando non atrapada no labirinto xudicial que resulta dunha lexislación garantista con quen comete a infracción. É o caso da prorrogación da concesión á factoría de celulosa de ENCE a beiras da ría de Pontevedra. Despois de 75 anos vertindo ao litoral e esgotado o máximo de anos previstos por lei, o Tribunal Supremo fallou a favor da pasteira, a pesar dun dictámen xudicial previo da Audiencia Nacional ratificando o fin da concesión.
“Desleixo da Xunta cos graves problemas ambientais”
Na provincia de A Coruña ambas bandeiras denuncian o desleixo da Xunta cos graves problemas ambientais que acarrexa a minaría en Galicia. A bandeira negra por mala gestión otorgouse á Xunta por permitir que a explotación da mina de San Finx poña en perigo todo o ecosistema da ría de Noia, unha ría da que viven máis de 5.000 familias mariscadoras ou mariñeiras. A outra bandeira da provincia recaeu na mina de Touro e sinala, tamén, á Xunta pola permisividade cos continuos vertidos procedentes dos terreos da mina que contaminan os regatos da contorna, os cales tributan no río Ulla, e este desemboca na ría de Arousa, acarrexando ata alí a contaminación procedente da mina.
Areoura
A bandeira otorgada a praia de Areoura, en Lugo, é un exemplo da falta de respecto ambiental das administracións. Neste caso se sinal a mala gestión por todas as administracións competentes (concellos de Foz e Burela, Xunta de Galicia y Ministerio de Transportes e de Transición Ecolóxica) que causaron a degradación da contorna dun areal de indudable interés social e natural.
A bandeira por contaminación en Lugo recaeu na factoría de Alcoa para sinalar a desfeita ambiental, pero tamén social, que están permitiendo as administracións co peche abrupto desta fábrica de alumina e aluminio. “Desde o ecoloxismo social cremos que é necesario conciliar o mundo do traballo e a defensa dos dereitos das e dos traballadores coa defensa ao medio ambiente. A transición ecosocial non debe deixar a ninguén atrás”, resaltan desde Ecoloxistas en Acción.