Destacados Vigo al minuto

O PP propón a PSOE e BNG un goberno de coalición en Ourense para deixar fora a Jácome

O alcalde sería o popular Manuel Cabezas

O PP propón a PSOE e BNG un goberno de coalición en Ourense para deixar fora a Jácome

Sí, leiches ben: unha coalición PP, PSOE e BNG. Esa é a proposta que vén de facer Manuel Cabezas, candidato popular á Alcaldía de Ourense, para evitar que o actual rexedor, Gonzalo Pérez Jácome, líder de Democracia Ourensana, que gañou as Eleccións Municipais, siga a fronte do Concello.

O día 28 de maio, Democracia Ourensana logrou 10 concelleiros (+3); o Partido Popular 7 (=); o PSOE 6 (-3) e BNG 4 (+2), deste xeito a suma de PP, PSOE e BNG acaría a maioría absoluta no consistorio.

Esa ‘coalición’ que propón Cabezas situaríao a el como alcalde, cunha tenencia de alcaldía para os socialistas, outra para os nacionalistas e un reparto «equitativo» das concellerías. En concreto, habería 14 áreas no Goberno municipal das que 6 serían para o PP, 5 para o PSOE e 3 para o BNG.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.