O acordo, “traballado durante dúas semanas entre as comisións negociadoras do BNG e do PSOE” permitirá, sumado ao voto do único concelleiro de AER, que Digna Rivas (PSOE) continúe como alcaldesa de Redondela.
Dende o BNG infoman de que o acordo de investidura, fai que se impoña “a vontade popular maioritariamente expresada nas urnas o pasado 28 de maio, segundo a cal tres forzas de progreso superaron en 1.300 votos á dereita do Partido Popular“. Hai que lembrar que o PP acadou 10 concelleiros (+1); o PSOE 7 (=); o BNG 3 (+1) e AER 1 (-2).
Para o voceiro do Bloque, “non existe ningunha dúbida de que se impón a lóxica eleitoral” e apunta a que logo dunhas unhas negociacións, “discretas, para non contaminar o proceso”, chegouse a un acordo e as propostas que se trasladaron ao Partido Socialista foron aceptadas sen grandes modificacións.
O BNG “a candidatura que máis medrou”
Xoán Carlos González, recorda que a candidatura que encabezou foi a que máis medrou en Redondela, sumando 1.200 votos, e duplicando en porcentaxe ata chegar ao dezaseis por cen. “Somos a forza determinante na política local redondelá nos vindeiros catro anos”, insistiu.
15 compromisos
En canto ao alcance do acordado, referiuse o edil nacionalista a cuestións relacionadas co funcionamento do goberno e da corporación local; mellorar en transparencia; e maior axilidade nos Plenos. Entre os quince puntos plantexados, facíase referencia á necesidade de realizar un bo estudo das necesidades laborais en Redondela, en coordinación con sectores afectados (pequeno comercio, asociación de empresarios, confraría, sector da artesanía) para trazar unha liña de actuación conxunta. Prantexamos como indispensable formación en igualdade para todos aqueles empregados e empregadas que traballen para o concello”, salientou.
O acordo de investidura entre o PSOE e o BNG ratificarase na tarde do venres coa sinatura de Digna Rivas e Xoán Carlos González