José Manuel Alfonso é dende este sábado o novo alcalde das Neves. Nas pasadas Eleccións a candidatura que encabezaba, a do Partido Popular, acadou a maioría absoluta na Corporación nevense, pasando de 4 concelleiros en 2019 a 6.
Alfonso, toma o relevo do nacionalista Xosé Manuel Rodríguez Méndez, que estaba a fronte do Concello dende hai 8 anos, en coalición co Partido Socialista. O 28 de maio, o BNG baixou de 4 a 3 concelleiros, perdendo 4 puntos de apoio electoral; mentres, o PSOE, encabezado por Marcelino Couto, veu reducida a súa representación na Corporación á metade: de 2 a 1 so concelleiro.
Traballo e adicación
Alfonso deu as grazas aos seus antecesores na Alcaldía durante o período democrático e aos traballadores e traballadoras do Concello, “fundamentais no seu funcionamento e claves na consecución dos proxectos municipais”.
Ademáis, o alcalde comprometeu “traballo e dedicación”, asegurando que é consciente da “expectativa e esperanza” depositada nel. Por iso, subliñou, o seu obxectivo é facer realidade o programa do seu partido, “elaborado cos veciños” e gobernar para estes.
“Estamos aquí para servir aos veciños e resolver os seus problemas”
“Estamos aquí para servilos e resolver os seus problemas”, salientou José Manuel Alfonso. Por último, recoñeceu o labor do PP local e preguntouse “se en tres meses fomos quen de formar un equipo e gañar as Eleccións por maioría, que no poderemos facer en catro anos?”