Destacados Vigo al minuto

Eliminado un punto de vertido de augas residuais cara ao Lagares, en Sárdoma

Nun colector da rede municipal de saneamento, no lugar da Salgueira

Eliminado un punto de vertido de augas residuais cara ao Lagares, en Sárdoma

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertido de augas residuais urbanas sen depurar cara ao río Lagares na parroquia de Sárdoma.

Este foco foi identificado no marco das inspeccións de rastrexo de puntos de vertido levados a cabo polos técnicos do Programa de Control de Vertidos, dando seguimento á denuncia notificada ao servizo de Emerxencias do 112.

Lugar da Salgueira

Así, os técnicos da Xunta identificaron a orixe do punto de vertido nun colector da rede municipal de saneamento, no lugar da Salgueira. Ante a deficiencia observada, comunicaron aos técnicos municipais e á empresa concesionaria dos servizos de saneamento do Concello, a necesidade de adoptar as actuacións oportunas para emendar a achega contaminante ao dominio público hidráulico.

Solucionado

Nunha recente inspección á zona, os técnicos de Augas de Galicia confirmaron, mediante a revisión da rede de saneamento con trazador fluorescente, que as actuacións realizadas no colector de saneamento municipal permitiron a emenda do foco.

También te puede interesar