Galicia Sucesos

Un morto e 73 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

O domingo foi o día con máis accidentes

Muere un trabajador al resultar atrapado por una grúa, en el astillero Armón

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 74 persoas debido a 58 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 16 e as 12 menos un minuto da noite do domingo, 18 de xuño.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas foron 75. Así, as ambulancias de soporte vital avanzado asistiron en 8 accidentes; o helicóptero medicalizado atendeu en 2 ocasións; as ambulancias de soporte vital básico asistiron en  59 sinistros. Ademáis, os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en 6 accidentes.

En 55 deses accidentes, os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes; en 18 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

También te puede interesar