O Concello de Tomiño vén de dar un paso adiante no turismo de autocaravana. Decenas de autocaravanistas déronse cita esta fin de semana en Goián na estrea da área de aparcadoiro situada preto da Escola de Música. Trátase dunha zona con 8 prazas sinalizadas e que conta con todos os servizos necesarios para acoller a este novo tipo de visitantes.
Membros da Asociación Galega de Autocaravanas probaron e testaron as novas instalacións nuns días de natureza, patrimonio e convivencia na que tamén celebraron o encontro anual da entidade.
“Para nós é un orgullo brindar as e aos viaxeiros a oportunidade de explorar a nosa rica cultura, gastronomía e contorna natural dun xeito cómodo e respectuoso, ao tempo que se atrae a máis turistas e se beneficia a economía local”, salientou a alcaldesa, Sandra González.
Turismo de Autocaravana
O turismo en autocaravana gaña forza cada ano…especialmente logo da pandemia, dado que ofrece ventaxes para elixir destinos con total liberdade; de xeito máis económico e permitindo flexibilizar a adaptar as viaxes.
Así, este verán estímase a ocupación será do 90% nos ‘campings’ e haberá máis de 1,3 millóns de ‘noites’ nas máis de 10.000 autocaravanas que transitarán por Galicia.