Comarcas Vigo al minuto

Aberta a inscrición para as escolas deportivas gratuitas de Ponteareas

Pode facerse online ou presencialmente no Concello

Aberta a inscrición para as escolas deportivas gratuitas de Ponteareas

O Concello de Ponteareas xa ten aberto o prazo de inscrición para participar nas escolas deportivas gratuítas nos meses de verán. Así, un total de dez modalidades deportivas diferentes compoñen esta oferta: tenis, wushu e taekwondo, patinaxe, baloncesto, fútbol, natación, ciclismo, petanca ou hóckey son as modalidades que figuran neste programa para xullo e agosto.

Inscricións

Agora, as persoas interesadas poden realizar xa as inscricións nas distintas modalidades ben enviando un correo electrónico a [email protected] ou de forma presencial no departamento de Deportes, situado no andar baixo do Concello.

Os rapaces e rapazas poderán practicar así tenis co Club Tenis Ponteareas en xullo e agosto na Freixa; wushu e taekwondo co Club Sport Factory no Fermín Bouza Brey ou no IES Val do Tea ou patinaxe co Club Luar; baloncesto co Club Baloncesto Ponteareas e hóckey no pavillón do Complexo Deportivo Álvaro Pino.

Tamén poderán gozar da auga e da natación da man do Club Natación Ponteareas; da bicicleta co Club Ciclista Ponteareas. Para aqueles nenos e nenas que prefiran o fútbol, poderán participar nas escolas deportivas organizadas pola SD Cultural Areas ou o Sporting Club San Mateo ou no de tecnificación da Escola Deportiva Futsal.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.