O cadro de persoal da empresa Boteros Amarradores de Vigo (Botamavi)– empresa encargada do amarre e desamarre dos barcos no Porto- vén de convocar tres xornadas de paros parciais para reclamar un “convenio colectivo digno e uns salarios xustos”. Dende a CIG, que ostenta a representación sindical, explican que a compañía négase a introducir unha cláusula de actualización salarial conforme ao IPC, a mellorar os pluses e a contratar máis persoal.
Así, os paros desenvolveranse este luns 26 e o venres 30 de xuño e continuarán o venres 7 de xullo de 5:00 a 12:00 horas. Ademáis, hoxe ás 10:00h. desenvolverán concentracións diante das oficinas da empresa, en Cánovas del Castillo, que seguirán os venres 30 no peirao de transatlánticos ás 09:30 horas, coincidindo coa celebración do consello de administración da Autoridade Portuaria.
Sen acordo
Neste sentido, dende a CIG subliñan que as partes, que xa celebraron seis xuntanzas e achegaron catro propostas de convenio, continúan se chegar a un acordo, “pola negativa da dirección a introducir unha cláusula de revisión salarial a IPC e a mellorar os pluses de actividade e nocturnidade”.
“Servizos mínimos abusivos”
Ademais, denuncian que “a empresa tampouco está disposta a contratar máis persoal a pesar de que o actual número de empregados (11 en cada unha das dúas quendas) é insuficiente para desenvolver o traballo”. Finalmente, anuncian que recorrerán os servizos mínimos do 70% decretados polo Porto de Vigo ao entender que “son claramente abusivos”.