Este sábado chega á terraza do Mar de Vigo unha das actuacións máis destacadas da cuarta edición do Festival TerraCeo, a de Julieta Venegas, coas entradas esgotadas desde hais máis dun mes. A artista mexicana, coñecida polo seu estilo musical único e as súas letras profundas, promete ofrecer unha actuación inesquecible na cidade onde presentará o seu último traballo, “Tu historia”.
Por suposto, os asistentes poderán gozar dos seus éxitos máis coñecidos, “Me voy” o “Limón y sal”, e súa capacidade para transmitir emocións a través da súa música asegura unha cita única.
Santi Araujo
O seu directo estará precedido pola actuación de Santi Araújo. Unha combinación perfecta onde converxen as súas traxectorias en México: a súa procura incansable dun son íntimo e a profunda conexión que ambos músicos comparten coa natureza.
Coa actuación de Julieta Venegas, alcánzase o ecuador do Festival TerraCeo, e sen dúbida, será un dos momentos máis sobresalientes deste ciclo de concertos que se prolongará ata finais de setembro. Así, este mes pasarán pola terraza do Auditorio o novo flamenco de María José Llergo (21 de xullo), gañadora, ademais, dun Goya á mellor canción orixinal; a mestura de R&B e blues dos irmáns Kitty, Daisy & Lewis (22 de xullo), ou desert blues dos Tinariwen (25 de xullo).
E xa en setembro, TerraCeo se despedirá co rap de HARD GZ, concerto para o que restan menos de cen entradas (23 de setembro), e o inclasificable trap de Boyanka Kostova (22 de setembro).
Toda a información sobre a venda de entradas pode atoparse en www.auditoriomardevigo.com ou na billeteira www.teuticket.com