Cultura Vigo al minuto

Segue a ‘Festa da Cultura’ na Porta do Sol

Con preto de 30 actuacións para todos os públicos

Segue a 'Festa da Cultura' na Porta do Sol

Continúa este sábado na Porta do Sol a cita anual da Festa da Cultura. Como informamos, cambiou as súa data habitul -a comezos de setembro- polo comezo do periodo estival. Así dende este venres, día 7,e hoxe, 8 de xullo,
poderemos gozar deste espectáculo, pensado para a todos os públicos e que abrangue preto de 30 actuacións.

Ollo: a festa tamén extenderase ao longo do mes de xullo cun ciclo de obras de teatro que serán interpretadas en diferentes centros culturais da cidade, organizadas pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais da cidade, coa colaboración do Concello e a Deputación de Pontevedra.

Programación sábado

11:30h – Setecuncas
12:00h – Corisco
12:20h – Son das Ferriñas
12:40h – O Coto
13:00h – Andarela
E pola tarde:
18:20h – Queixumes
18:40h – Monteira
19:00h – Grupo de canto Loureiro Verde Cabral
19:20h – O Fiadeiro
19:40h – Cans de palleiro
20:00h – Freixo
20:20h – Charamuscas
20:40h – Traspés
Concerto:
22:30h – Banda de Gaitas Atlántida de Matamá

También te puede interesar