Galicia Sucesos

78 feridos nas estradas de Galicia nunha fin de semana sen mortes

O sábado foi o día con máis accidentes

78 feridos nas estradas de Galicia nunha fin de semana sen mortes

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 78 persoas debido a 55 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 7 e as 12 menos un minuto da noite deste sábado, 9 de xullo.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 79. Así, as ambulancias de soporte vital avanzado asistiron en 6 accidentes; o helicóptero medicalizado atendeu en 3 ocasións; as ambulancias de soporte vital básico asistiron en 60 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 10 accidentes.

En 69 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en nove ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar