Cultura Vigo al minuto

Teatro no Verán, nos centros culturais da cidade

Dentro da programación Festa da Cultura

Teatro no Verán, nos centros culturais da cidade

A fin de semana pasada celebrouse a Festa da Cultura na súa ubicación habitual: Porta do Sol. Ao longo dos días 7 e 8 de xullo pasaron baixo as pernas do Sereo unha trintena de grupos folclóricos da ciudade.

Para continuar coa festa, e coa intención de achegala a tódalas parroquias, a programación continúa cun ciclo de teatro que percorrerá varios centros culturais. Así, as obras abranguen todo tipo de xéneros e públicos. Ademais, a entrada é libre para tódalas funcións, que sempre terán lugar ás 20:30h.

Programación completa

Sábado 15 de xullo / S.C.D.R. Helios de Bembrive Dominó celeste ou, que vai ser de ti Ernesto? (Compañía: Escoitade)
Sábado 15 de xullo / C.V.C. de Valladares – O milagre de Santa María Juana (Compañía: Tarantela)
Domingo 16 de xullo / C.C.R. de Beade – Un funeral para morrer coa risa (Compañía: Agarimo)
Sábado 22 de xullo / C.V.C. de Valladares – Munuwa (Compañía: Porta Aberta)
Sábado 22 de xullo / S.C.D.R. Helios de Bembrive – Apocalipse Nau (Compañía: Atlántida de Matamá)

También te puede interesar