É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másA praia do Muíño, na Guarda, volve a lucir este verán a Bandeira Azul
Logo de renunciar o ano pasado por falla de socorristas
Esta tempada de verán as praias de “O Muíño” e “Area Grande” do Concello da Guarda recibiron o distintivo de Bandeira Azul outorgada pola ADEAC (Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor). Este organismo recoñece, así, a calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan. Ademais, concedeuse a distinción “Sendeiro Azul” á unión das sendas que percorren a costa de A Guarda entre estas dúas praias.
Socorristas
Tras renunciar a pasada tempada ás Bandeiras Azuis que lle foran concedidas, por non dispor de socorristas aspirantes, este verán o Concello de A Guarda contará cun cadro de persoal de servizo formado por catro socorristas contratados; dous dos socorristas atenderán a praia de O Muíño de luns a domingo, cumprindo así con este requisito para poder izar dita Bandeira Azul. No caso da praia de Area Grande o servizo activarase de unicamente de venres a domingo, dispoñéndose tamén nesta praia de dous socorristas durante eses días da semana. O servizo de socorrismo prestarase no período que vai dende o pasado sábado día 8 de xullo ata o 8 de setembro, en horario de 12:00 a 20:00h.
Persoas con diversidade motriz
A praia de O Muíño, ademais de estar adaptada para persoas con diversidade motriz con pasarela accesible e cadeira anfibia, conta con outros servizos esixidos por Bandeira Azul, como son: paneis informativos, análise de augas con resultados de “excelente” nos catro veráns anteriores, servizo de limpeza e de recollida de residuos así coma aseos.
Ecopraia
Ademais da Bandeira Azul na Praia de O Muíño, izouse tamén o distintivo de Ecopraia concedido pola Asociación Técnica para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente. Este distintivo recoñece o esforzo da limpeza manual das praias, respectando o delicado ecosistema dunar como espazo protexido “Red Natura 2000”.