Comarcas Vigo al minuto

O Concello de Baiona reforza o baldeo das rúas e a limpeza

Comezando polo Casco Vello

O Concello de Baiona reforza o baldeo das rúas e a limpeza

O Concello de Baiona vén de reforzar os servizos básicos de limpeza e baldeo intensivo no municipio. Así, durante os últimos días, un equipo integrado por varias persoas está a traballar co apoio da máquina varredora e máquinas de baldeo a presión para mellorar a limpeza viaria.

Jesús Vázquez Almuíña, alcalde de Baiona, sinala que “estamos a traballar intensamente para dar maior resposta á veciñanza en materia de limpeza e, ao mesmo tempo, mellorar a imaxe de Baiona”. Para iso informou que “dentro deste novo plan de baldeo e cepillado, xa se levou a cabo no Casco Vello así como nos distintos canellóns que dan acceso ao mesmo desde a Rúa Elduayen. A maquinaria tamén pasou por Santísima Trindade e realizouse un baldeo mixto na propia Rúa Elduayen”.

Así mesmo, indicou que “son uns traballos que están a dar bastante resultado e que aos poucos irá chegando a outras zonas do concello”, á vez que pediu “paciencia” á cidadanía, debido a que de maneira progresiva irase cubrindo as necesidades do municipio.

O rexedor baionés tamén solicitou a colaboración do sector da hostalería e da cidadanía en xeral para que as rúas permanezan limpas”, para o goce de todos os veciños e veciñas o máximo tempo posible. “Unha Vila coas rúas limpas é fundamental para a propia hixiene da mesma e que todos a veciñanza poida gozar do noso municipio nas mellores condicións e tamén para aquelas persoas que nos visitan e vanse cunha boa imaxe da nosa localidade”

También te puede interesar