Cultura Vigo al minuto

‘Porrigalia’ os días 22, 23, 24 e 25 de xullo

Os Herdeiros da Crus actuarán a noite do luns La Frontera a do martes

O Porriño inicia a gran transformación do seu centro urbano

O Porriño acollerá os días 22, 23, 24 e 25 de xullo -sábado, domingo, luns e martes- os xogos olímpicos Porrigalia. As festas que foron pospostas pola declaración de loito oficial na data na que estaban programadas, celebraranse nestes días para non pisar o resto de festas organizadas nas parroquias do municipio e poder cadrar axenda coas actividades que conformaban a programación. Así o acordou o Concello en consenso coa hostalería local.

A festa, que mantén todas as actividades da súa programación, foi presentada hoxe polo alcalde, Alejandro Lorenzo, o Rei Castrexo, Pepo Suevos e uns convidados de luxo, Asterix e Obelix, que viu da man de Tonhito de Poi.  No acto presenteuse tamén o novo himno de Porrigalia creado e interpretado polo alumnado de Maison.

Sábado, 22

As actividades arrancarán o sábado 22 pola mañá. Ás 11h desenvolverase o showcooking e obradoiro infantil na Praza de Abastos e ás 12h dará comezo o Gran Desfile que culminará co destrone do alcalde polo duida Panorámix e o acendido da chama olímpica. Xa pola tarde animación, batucadas e djs nas rúas e a a competición olímpica a partir das 20 h, que será como estaba previsto na rúa Domingo Bueno. Xa pola noite concerto de Beatriz Martínez e Festa dj, na praza Arquitecto Antonio Palacios.

Domingo, 23

A programación continúa o domingo 23 ás 12h. Será cando a gran comitiva olímpica volva desfilar ata a praza do Concello onde o Rei Castrexo procederá á lectura do pregón. Pola tarde continúa a festa dende as 17 h e a celebración das probas olímpicas ás 19 h. O broche de ouro á xornada será musical a cargo de A Banda da Balbina, que actuará ás 22h, e Dasoul e América de Vigo, que actuarán a partir das 23 h.

Luns 24

As actividades comezarán ás 17 h coa Porrigalia Kids na que arredor de 200 nenas e nenos demostrarán que son verdadeiros gladiadores. Ás 19h showcooking de Pan do Porriño, seguido dos concertos de Generación M e os King Kids. A noite  chega forte e arranca coa Gran Queimada na praza a partir das 22 h. De Seguido o pasarrúas de Troula co seu espectáculo Lume que será ás 23 h e ás 00:00h, na rúa Domingo Bueno, actuarán os Heredeiros da Crus. Ao rematar o concerto, sesión musical con dj María Lamuela, Freitas, Dj Moy, DJ Enter e Freitas.ç

Martes, 25

Fin de festa con festa para os nenos e nenas a partir das 18:00 h, na que haberá pista americana, inchables e festa da espuma. Ás 21 h actuarán os Gin Tonic e pecha por todo o alto La Frontera, que actuará ás 23:00 h na rúa Domingo Bueno. Tras eles, Traffic House e Raper Vocal Live.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.