O Concello de Mos conta coas súas brigadas traballando no servizo de desbroce, limpeza de beiravías e marxes de camiños. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Servizos Públicos, informaron hoxe de que hai 20 operarios de servizo.
Empresa privada e Concello
A empresa contratada a tal fin aporta 3 brigadas de traballo dotadas de 10 persoas que realizan tarefas manuais máis un camión co seu correspondente conductor. Pola súa banda o Concello de Mos conta coa súa propia brigada de traballadores municipais, dotada de 4 operarios e dous tractores cos seus correspondentes conductores. Así mesmo, a través dunha subvención da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade contratáronse a 2 operarios máis con cargo ás axudas autonómicas para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga), e 1 peón forestal con cargo á subvención de Aprol
Rural 2023.
Máis de 200.000 euros
En total estanse a investir 211.177,4 euros no servizo de limpeza viaria en Mos que será exhaustivo durante estes meses de verán, nos que a proliferación da maleza crece exponencialmente.
A empresa contratada para os servizos de desbroce, leva traballando desde marzo e rematará o seu contrato en setembro, pois ten unha duración total de 6 meses e un importe que ascende a 165.289,263 euros.