Galicia Vigo al minuto

En Nigrán saben como tocar a fibra sensible

A fibra óptica xa está en 461 fogares aos que non chegaba ninguna teleoperadora

En Nigrán saben como tocar a fibra sensible

A instalación de fibra óptica neutra vai a velocidade ultrarrápida en Nigrán. O acordo asinado hai menos de 2 meses entre o Concello e Rede Aberta para despregala en todas aquelas zonas onde non está previsto que chegue ningunha teleoperadora beneficia xa a 461 fogares.

En todo o concello

En Concreto, xa están conectadas 331 vivendas de Priegue (Mámoa e Navás) e 130 de diferentes puntos do municipio (rúa dos Pazos; Camiño Vello; Das Angustias; Camiño Pedregal; Avenida do Val Miñor e rúa Fonte do Ouro). Os traballos continuarán ata acadar o 100 % do territorio e se centran actualmente en Panxón (Otero Pedrayo, Quinteiro, Lousas, Pardiñeiro e Touza, entre outros).

Esta iniciativa municipal, practicamente pioneira na provincia, conseguíuse tras chegar a un acordo coa empresa galega Rede Aberta, a quen se lle permite o uso compartido da liña eléctrica e a instalación dun nodo de distribución no parking municipal da Ramallosa a cambio de cubrir o 100% do territorio. Isto implica o beneficio adicional de reducir obras innecesarias e redundantes, minimizar o impacto ambiental e acelerar o procedemento para a conexión de unidades inmobiliarias.

Rede Aberta

Rede Aberta é un operador neutro de fibra óptica, con case tres anos de actividade, e está presente en máis de 60 municipios rurais de Galicia. Con máis de 1.300 quilómetros de fibra óptica despregada para dar servizo de rede neutra, chega a máis de 146.000 fogares.

Trátase dunha empresa galega que forma parte dos proxectos de fibra do fondo CEBF, que está en 7 países de Europa. Constituíuse en 2020 e conta con 20 traballadores directos e máis de 200 indirectos que colaboran despregando a fibra nos municipios rurais. A empresa ten previsto investir 121 millóns de euros ata 2025 para chegar a 400.000 fogares do ámbito rural.

También te puede interesar