Vigo al minuto

Teis, que tiña dúas piscinas, agora xa non conta con ningunha

A asociación de veciños esixe que se recupere xa a da ETEA

La piscina de Teis tampoco reabrirá en 2024

A Asociación Veciñal de Teis vén de esixir, de novo, ao Goberno municipal, a “inmediata reforma da piscina municipal” da parroquia e a recuperación da piscina da ETEA.

Os representantes da asociación lembran que a piscina municipal leva pechada máis dun ano, logo incendio ocorrido en 28 de maio de 2022. Así, no mes de abril os veciños solicitaron unha xuntanza co concelleiro de Deportes, para tratar esta situación e demandar ao Concello o inicio das obras de reforma. “Como é habitual , non houbo ningunha resposta”.

Esta piscina leva inutilizada 14 meses, “co prexuízo que isto provoca para aos 1.500 usuarios desta instalación deportiva (piscina e ximnasio), que agora teñen que desprazarse a outras instalacións en Lavadores e As Travesas”. Este feito afecta ás actividades extraescolares dos centros educativos de Teis. A Asociación apunta que Abel Caballero, anunciou en varias ocasións que se ía destinar un millón de euros para reparar a piscina municipal, “pero a día hoxe aínda non comezaron as obras e non hai ningunha data para o inicio das mesmas”.

Piscina da ETEA

No ano 2017, o Goberno municipal, decidiu cubrir a piscina da ETEA para destinala a pista de ximnasia, pero incluíndo un sistema que no futuro permitirá poder recuperala. “Desde a Asociación, defendemos que o momento de recuperala”. Os responábeis veciñais subliñan que si a pileta estivera funcionando na actualidade, “podería cubrir perfectamente a demanda de Teis”.

También te puede interesar