Destacados Vigo al minuto

Os premios fin de carreira reciben unha achega económica menor que o soldo dun mes dun concelleiro de Vigo

A maioría, das distinguidas, o 61%, son mulleres

Os premios fin de carreira reciben unha achega económica menor que o soldo dun mes dun concelleiro de Vigo

Exactamente, 103 universitarias e universitarios galegos veñen de ver recoñecido o seu esforzo cos premios fin de carreira. Así se recolle na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia para o alumnado do Sistema Universitario
de Galicia que rematou os seus estudos no ano 2022.

Máis do 60%, mulleres

O 61% das alumnas recoñecidas son mulleres e, do total de galardoados, 45 pertencen á Universidade de Santiago de Compostela. A Universidade de Vigo, pola súa banda, é a segunda con máis presenza con 37 premios, mentres que 21 pertencen á Universidade da Coruña.

Ademais, os mellores expedientes distribúense entre 60 titulacións nos diferentes campus. Deste xeito, por número de recoñecementos destacan a titulación en Medicina, da Universidade de Santiago de Compostela, con catro persoas premiadas, e os graos en Administración e Dirección de Empresas, Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Enfermaría e de Educación Infantil, todas da Universidade de Vigo, con tres persoas premiadas cada unha.

3.500 euros

Así, cada un delas e deles recibirá unha achega económica de 3.500€ -para establecer unha perpectiva, un concelleiro de Vigo cobra 5.225€ brutos mensuais con dedicación exclusiva e 3.600€ con dedicación parcial– e un diploma acreditativo desta distinción.

Puntuación media de 7,5 en diante

Para optar ao premio, as persoas candidatas debían acreditar unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,5 puntos para o alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde e 7,5 puntos para o alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura.

También te puede interesar