A CIG vén de alertar o Concello está a incumprir os mínimos do número de bombeiros, fixados polo mesmo Goberno municipal, para garantir, “de forma mínima” a seguridade da cidadanía. Así, a finais da pasada semana o parque de Coruxo estivo pechado, “pondo en serio risco a seguridade ao aumentarse considerabelmente os tempos de resposta perante un sinistro”, e deixando á cidade durante 24 horas apenas cunha primeira saída (1 condutor/a, 1 mando e 4 bombeiros/as).
Por iso, os profesionais advirten de que a gravidade de todo isto é aínda maior perante a pasividade á hora de resolver o problema.
Oposicións bloqueadas dende 2020
Neste sentido, apuntan que as ofertas de emprego de persoal bombeiro dos anos 2020-2021-2022 están sen executar, a de 2023 que podería estar xa en marcha está paralizada, e por se isto fora pouco as bases das
oposicións están conxeladas desde o 30 de xuño de 2022.
No é prioritario nunha “axenda con moito glamour e festividade”
Ante esta situación, volven solicitar ao Goberno local e a Abel Caballero, o seu máximo representante, que “utilice dunha forma áxil a sua maioría absoluta” para resolver dunha vez este problema crónico no servizo de bombeiros de Vigo. Para iso deberá de asumir coa madurez suficiente este asunto e tratalo de xeito prioritario, “nunha axenda municipal chea de eventos con moito glamour e festividade”.