O Concello que debido á montaxe da proba Dirt do O Marisquiño na Avenida de Samil, a partir deste mércores, día 26, estará habilitado un carril de circulación entre as rúas Argazada e Pertigueiras, sentido Coruxo. Para circular cara a Bouzas, os vehículos irán por Pertigueiras, Dunas de Samill e Argazada.
Do 10 ao 13 de agosto
Durante la celebración do evento, entre o 10 e o 13 de agosto, terán acceso á zona os residentes e servizos públicos, en sentido Coruxo por Argazada e Pertigueiras e en dirección Bouzas, por Pertigueiras, Dunas de Samil e Argazada.
O Concello sinalizará os desvíos no tráfico desde a rotonda que une a Avenida Castelao coa Avenida de Europa cos itinerarios recomendados para a zona norte e sur da praia de Samil.
Inutilizado o aparcadoiro 3
En canto aos servizos, quedará inutilizado o aparcadoiro 3 para a montaxe da proba de Skate, con excepción das prazas para persoas con mobilidade reducida. Tamén autorízase a ocupación da pista de patinaxe e de baloncesto para a montaxe das probas de Break e Flatland a partir do 7 de agosto.
Os usuarios de bicicletas e patinetes seguirán a ter operativo o carril habilitado, xa o ano pasado, para a súa circulación con máis seguridade.
Descenso urbano
O día 11de agosto haberá limitacións na circulación con motivo da proba do descenso desde o Castro ata o Berbés entre ás 10 e a 13:30 horas, para os adestramentos, e as 16:00 e 19:00 horas, tempo estimado da duración da competición.
As modificacións no tráfico de vehículos terán lugar na rúa Camelias, entre Marqués de Alcedo e Avenida Hispanidade; no paseo Rosalía de Castro na parte alta do Castro; paseo Cronista Xosé M. Álvarez Blázquez. Tamén no Casco Vello durante a proba para os vehículos ata as 20 horas; para peóns na Muralla; o cruce de Camelias; Praza do Rei; Paseo Alfonso; Elduayen; Perigos; Anguía e O Berbés.